Hoxe a dirección reuniuse cunha representación do Comité
de Empresa (un por sindicato máis o presidente) para informar da organización
que teñen pensado para o rearranque de 25 cubas na Serie 1 con motivo da adquisición
de dous bloques de 5MW na última poxa de interrumpibilidade. Segundo a
dirección o rearranque comezaría o 19 de xaneiro e finalizaría o 5 de febreiro.
Durante este tempo (17 días) moverían a algúns traballadores de electrolisis
con cambio de calendario incluído. Van crear 4 equipos (2 traballadores)
encargados da calefacción das cubas (1 barrista e 1 M.Medidas) que realizaran
un calendario de 6 días de traballo e 2 de descanso, ademais crearán 2 equipos formados por coadores para o
paso de baño.
Para esta organización dixeron que algúns traballadores
de Mostras e medidas pasarían a quendas, e no seu posto (a xornada) estarían
eventualmente outros traballadores. Ademais dixeron que os cambios de
calendario por esta circunstancia non levaría perda económica aos afectados e onde
fose de aplicación pagaríase a superior categoría. Mentres dure o
rearranque non se vai coar de noite na Serie 1, para así ter libre a ese coador
e poder dedicalo ao paso de metal. Tamén informaron que o equipo que ata agora
viña realizando a tarefa de limpeza de queimadores pasaría a realizar as
funcións de polivalente de electrolisis e externalizarían ese traballo indefinidamente.
A Representación dos Traballadores (RT) recrimínolle á
dirección o pretender realizar o rearranque con tan pouco persoal que a duras
penas chegaba para a produción do ano 2014, e solicitóuselle que contratasen a
persoal que xa estivese na fábrica traballando, polo que tiñan a formación
suficiente para empezar canto antes. Recriminóuselle tamén a decisión de externalizar a limpeza de queimadores, incumprindo deste
xeito a un punto máis do Plan de Competitividade do ano 2011. A dirección non
atendeu a razóns e dixo que tiñan que ter o rearranque rematado para o 5 de
febreiro para non ser penalizados. Preguntóuselles si nestas
circunstancias ían manter a saída de persoal por baixas voluntarias e dixeron
que si.
Á RT recriminoulle a dirección o abandono das instalacións
e a falta de mantemento observada na parte parada da Serie 1 e que esta circunstancia
podería traer accidentes. Aseguraron que as deficiencias mencionadas ían estar
solucionadas para cando se iniciara o proceso. Para CCOO este rearranque deixa
moitas incertezas no aire, do mesmo xeito que moitas preguntas sen resposta,
cousa que non nos tranquiliza. Todo o que está pasando aquí é bastante raro e contraditorio mirando o proceso que acabamos
de pasar por culpa da poxa da interrumpibilidade. Estaremos atentos, non vaia a
ser que este rearranque sexa a desculpa para que logo veñan con resultados negativos, para así querer tomar
medidas traumáticas en contra do persoal.
Seguiremos informando….