Hoxe nas instalacións de CCOO da Coruña celebrouse unha xornada sobre
enerxía na que Participaron, ademais do noso secretario xeral en Galicia Víctor
Ledo, a compañeira Palmira García e os compañeiros Máximo Blanco e Juan Carlos
Liébana da Federación Estatal. Entre os asistentes estaban delegados de
Ferroatlántica (Cee), Celsa Atlantic, Gas Natural Unión Fenosa, Endesa, isowat,
SGL e Alcoa Coruña e San Ciprián.
No debate tratouse a necesidade de regular un novo modelo enerxético para que
a industria sexa o modelo produtivo do país e para demostrar que é posible este
cambio CCOO xa ten elaborado un documento coa súa propia proposta. Ademais
falouse dos avances na última reunión da Mesa da Enerxía o 18 de marzo (Madrid),
onde a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas comprometeuse a elaborar
un documento e incluír nel varias propostas de CCOO, entre elas a necesidade de
regular un sistema eléctrico estable e a longo prazo para a industria gran
consumidora de enerxía.