miércoles, 25 de marzo de 2015

XORNADA SOBRE A ENERXÍA

Hoxe nas instalacións de CCOO da Coruña celebrouse unha xornada sobre enerxía na que Participaron, ademais do noso secretario xeral en Galicia Víctor Ledo, a compañeira Palmira García e os compañeiros Máximo Blanco e Juan Carlos Liébana da Federación Estatal. Entre os asistentes estaban delegados de Ferroatlántica (Cee), Celsa Atlantic, Gas Natural Unión Fenosa, Endesa, isowat, SGL e Alcoa Coruña e San Ciprián.

No debate tratouse a necesidade de regular un novo modelo enerxético para que a industria sexa o modelo produtivo do país e para demostrar que é posible este cambio CCOO xa ten elaborado un documento coa súa propia proposta. Ademais falouse dos avances na última reunión da Mesa da Enerxía o 18 de marzo (Madrid), onde a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas comprometeuse a elaborar un documento e incluír nel varias propostas de CCOO, entre elas a necesidade de regular un sistema eléctrico estable e a longo prazo para a industria gran consumidora de enerxía.




Quedou de manifesto a necesidade de alternar a procura de solucións mediante a negociación co mantemento das mobilizacións, facendo una fronte común con todas as empresas afectadas pola problemática da poxa anual da interrumpibilidade.