Dende esta sección sindical queremos agradecer novamente aos traballadores
e traballadoras da fábrica de aluminio da Coruña toda a súa involucración na mobilización
solidaria que hoxe levamos a cabo.
É un orgullo ser parte desta plantilla que demostra en cada acto o seu
compromiso na defensa da viabilidade da nosa fábrica. Conseguimos recoller para
o Banco de Alimentos Rías Altas (Balrial),
mais de 1800 kg de alimentos e uns 100 traballadores e traballadoras pedalearon
na marcha ciclista coa camiseta que xa nos distingue nesta loita. A marcha foi
moi rechamante e comentada entre os cidadáns e cidadás pola súa grande
orixinalidade.
Estes actos son moi importantes na nosa loita para conseguir un marco
enerxético estable a longo prazo e un futuro para a nosa fábrica.
En breve o Comité de Empresa convocará unha nova mobilización pois temos que conseguir que antes do verán nos dean unha solución de futuro e sabemos que responderedes con gran compromiso como sempre o facedes.
Dende CCOO moitas grazas a todos os Compañeiros e Compañeiras e a todos os que están a apoiar nestes momentos.