MOBILIZACIÓNS:
O
pasado 17 de marzo durante a reunión para a Constitución do novo Comité de
Empresa acordouse retomar has mobilizacións logo das eleccións sindicais.
Decidiuse arrincar con unha
Concentración na Delegación do Goberno en Galicia, despois de Semana Santa, e durante
a mesma solicitar audiencia co Delegado do Goberno para unha representación do Comité
de Empresa.

A devandita concentración foi anunciada hoxe polo Comité de Empresa mediante un Comunicado de Prensa para informar aos medios de comunicación e ás respectivas organizacións sindicais.
A SECCIÓN SINDICAL DE CC.OO

Os mesmos agradecementos e recoñecemento para os
Delegados de CCOO que estaban no anterior Comité de
Empresa (Damaso Permuy, Fernando Brandariz, David Seijas, Luís Vidal, Manuel Cabezas) e que nesta nova etapa non continúan connosco, por diversos
motivos; resultados electorais, redución de membros do Comité de Empresa,
renovación ou decisión propia.
Grazas compañeiros, estamos convencidos que sen o voso
esforzo nestes catro anos de grandes ameazas non conseguiriamos os éxitos alcanzados.
Sabemos da vosa gran implicación e seguiremos todos xuntos defendéndonos de
vellas e novas ameazas nesta nova etapa.