O persoal da fábrica leva moito sufrido nos últimos anos e non se merece o trato que esta Dirección lle esta dando. Estamos convencidos que chegou o momento de loitar pola consecución dun Convenio en boas condicións e aí estaremos en todo o que faga falta.
Compañeiros e Compañeiras é o momento de facerlle ver a esta Dirección que imos loitar, como xa saben que sabemos facelo, por un Convenio digno e de recuperación.
Deixámosvos dous comunicados que realizou o Comité de Empresa desde a asemblea de onte, unha nota de prensa e o Comunicado de hoxe ao persoal.
Forza e adiante compañer@s !!!