miércoles, 25 de noviembre de 2009

COMUNICACIÓN Ó CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS

Onte solicitamos por escrito ó Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL) a intervención do AGA para que se convoque dende este organismo a reunión de Interpretación e Vixilancia do Convenio Colectivo. Isto ven motivado, pois entendemos ca Empresa esta a darnos largas co fin de non convocar a devandita reunión antes do fin de ano, co propósito de que prescriba o dereito ante calquera reclamación. A Empresa contestou a nosa solicitude dicindo ca reunión tiña que solicitala o Presidente do Comité de Empresa, e tamén que tiñamos que argumentar os puntos que considerabamos de conflito.
Coma Sindicato (maioritario) fírmante do Convenio Colectivo, entendemos que estamos suficientemente lexitimados para facer a solicitude da reunión. Por outro lado non confiamos no que poida facer o Presidente do Comité, pois xa temos os suficientes precedentes de non cumprir o acordado, por exemplo:

O Comité (25/03/08) acordara denunciar os excesivos servizos mínimos impostos pola Empresa, polo paro dunha hora por pechar a Fábrica de Noblejas, e aínda hoxe non sabemos nada da denuncia. Na última reunión do Comité (08/10/09) acordouse denunciar a mobilidade funcional polo rearranque, o incumprir a Empresa o acordado, e tampouco sabemos nada. Acordouse tamén facer unha asemblea xeral o 27 de Outubro, e non se fixo. E non se pode desculpar o Presidente dicindo que non había Quórum nesta reunión, pois non o necesitaba, pois o consenso era total nos dous temas falados. Noutras reunións (31/07/08) tampouco houbo Quórum e os acordos leváronse a cabo (convocatoria de Asemblea xeral 12/08/08).

O 16 de Novembro entregamos a Empresa o escrito ca argumentación de tódolos puntos, coma nos solicitaran, para a reunión de Interpretación e Vixilancia do Convenio Colectivo, máis entregamos outra solicitude de reunión para tratar outros tres puntos (Parellas de Feito, Polivalentes B e Prima de Pastas).