jueves, 19 de noviembre de 2009

REUNIÓN DE SEGUIMENTO DA PRIMA DE RESULTADOS

Onte as 15:30 tivemos unha reunión ca Dirección para informarnos da evolución da prima de resultados. O primeiro dicir que non estamos de acordo cos cambios que se fixeron nos parámetros da prima, pero pouco podemos facer, pois é a Unidade do Negocio quen fixa o 80% dos parámetros e obxectivos cada ano, e o restante 20% ten que ser de consenso entre o Comité e a Empresa, pero sempre co beneplácito final da Unidade do Negocio.
Este é o resume da reunión: O valor acumulado da prima en Outubro foi o 93,9. En accidentes estamos no obxectivo, pero este mes hai un accidente rexistrable máis en Pastas, e fará que este parámetro baixe no acumulado de novembro.
En días de inventario aínda estamos lonxe do obxectivo, pero a Dirección afirma que a final de ano este parámetro sumará o valor obxectivo como mínimo.
A conversión de Fundición esta por debaixo do obxectivo debido o custo da adecuación da instalación de Tochos, e din que a partir de agora mellorará.
A conversión de Electrólises vai ben e aínda pode mellorar despois do arranque da metade da Serie 1.
As Notificacións de riscos e observacións son o mellor parámetro da prima e aportan o seu máximo valor a prima.
As suxerencias presentadas tamén van ben pero aínda teñen campo de mellora.
O absentismo esta alto por culpa do índice de enfermidade.
Esta é a información ca Empresa nos deu en canto a prima, a continuación aproveitaron para informarnos da situación da Fábrica.
A Dirección dou por terminada o arranque da Serie cumprindo os prazos marcados, sen ter accidentes. Todo isto coloca a Fábrica en boa situación, pero reconocen non estar aínda en condicións de refundir chatarras ou arrancar máis cubas, e infórmanos que en Alcoa aínda hai fábricas que non arrancaron as Series que tiñan paradas.
No mes de Novembro esperan os primeiros benificios despois de moito tempo con perdas, e as previsións son de seguir mellorando en Decembro, aínda que tradicionalmente é un mes de paron de pedidos.
Teñen en proyecto mellorar o aspecto exterior da Fábrica, e xa empezaron na serie 1 colocando uralitas de color, na rúa que da á Fundición.