jueves, 15 de abril de 2010

NON A PRECARIEDADE LABORAL

Dende o día 4 deste mes, a algúns compañeiros e compañeiras , a Empresa está a liquidarlles o contrato de traballo dicíndolles que terán que esperar na casa a que os chamen para ofrecerlles un contrato para cubrir vacacións e absentismo. Incumprindo deste xeito o prometido pola Empresa, tanto a eles coma o Comité, cando se incorporaron polo re-arranque e a volta a produción de Tochos.
Estamos en contra da bolsa de traballadores ca Dirección quere formar, porque entendemos que as plantillas teñen que estar calculadas para cubrir, vacacións, absentismo e formación, e non o están. A creación de esta bolsa vai a fomentar o traballo precario, e vai fomentar un crecemento do absentismo, porque os compañeiros que hasta agora ían aguantando no traballo enfermos, por non prexudicar o resto, agora colleran a baixa para en primeiro lugar non prexudicarse eles e despois non prexudicar o compañeiro que esta na casa esperando por un contrato. Creemos que a siniestrabilidade laboral pode incrementarse por a falta da formación e da continuidade no traballo.
Vai empeorar a calidade dos produtos terminados por ter a traballadores entrando e saíndo do posto de traballo .
Queremos recordarvos que na Asemblea Xeral do día 7 de abril acordouse, que tiñamos que traballar todos (traballadores e mandos) cumprindo estritamente as normas de seguridade, os procedementos de traballo, chequeo de maquinas..., xa que agora mesmo o que menos nos fai falta e ter algún accidente que poña máis en entre dito o futuro da Fábrica. E tamén se acordou, como non podía ser doutra maneira, a non realización de horas extra, xa que non teñen sentido cando temos compañeiros na casa.