martes, 27 de abril de 2010

ACUDE A MANIFESTACION DO PRIMEIRO DE MAIO



Este ano os traballadores de Alcoa da Coruña, temos moitos motivos para mostrar o noso malestar pola xestión que se está a facer da Fábrica; perdendo producións (parada do Laminador), incrementando a precariedade laboral (bolsa de traballo), e pola falta dun plan industrial (inversións) que asegure o futuro e viabilidade do Centro.

Por todo isto, dende esta Sección Sindical queremos facer un chamamento a todos os traballadores para que participedes na Manifestación do 1º de Maio que se celebrará na Coruña, na mesma, o Comité de Empresa portará unha pancarta para protestar por estes feitos. A manifestación partirá da Praza da Palloza as 12 da mañá.

!!! NON FALTEDES ¡¡¡