lunes, 3 de mayo de 2010

O COMITÉ DE EMPRESA DE ALCOA EN AVILÉS DESCONVOCA A FOLGA PREVISTA PARA OS DÍAS 3, 4, 5 E 6 DE MAIO

Hoxe pola mañá o Comité de Empresa de Alcoa en Avilés quitou un comunicado de desconvocatoria da folga que tiñan prevista. No comunicado informaban desta decisión, despois de que chegaran coa Empresa ós seguintes acordos:

Valoración de Postos de traballo: A Empresa aceptou todo o demandado polo Comité de Folga.

Incumprimentos dos acordos por parte da Empresa:
 Sumaranse os períodos discontinuos no nivel de ingreso, desta maneira aceptase a reclamación dos traballadores.

 O persoal de ETT, antes de reincorporarse á Fábrica deberán de superar o recoñecemento médico de Alcoa. O persoal de ETT que xa esta traballando pasará o recoñecemento inmediatamente.

 Retirase o premio por asistencia.

 Nas promocións e ascensos, velarase polo cumprimento do Convenio Colectivo, a formación será ofrecida a todo o persoal do Departamento seguindo un criterio obxectivo.

 Autobuses: celebrarase unha reunión o 5 de Maio entre a empresa concesionaria o Comité e Alcoa, para buscar unha solución o problema.

 Capacidade diminuída: o xoves 6 de Maio, celebrarase unha reunión para actualizar os postos de traballo deste colectivo.

 O traballador da bolsa que non ingresou e ten denuncia individual interposta por incumprimento da Empresa, queda a expensas da sentencia do xuízo, si a sentencia é favorable entrará nos acordos desta desconvocatoria.