lunes, 17 de enero de 2011

ACTO DE CONCILIACIÓN NO SMAC

O pasado venres celebrouse un acto de Conciliación no SMAC a instancia de CCOO contra a Empresa como paso previo en materia de CONFLICTO COLECTIVO DE TRABALLO, polos seguintes puntos en controversia:

• Acta Complementaria do Convenio 2007-2009: Niveles pendentes de revisar en base as datas da citada Acta (entre eles o Nivel 3 de Electrólises, Fundición e Pastas), e cumprimento das datas que na mesma aparecen e o axuste de atrasos.
• Cumprimento do establecido no artigo 17 do Convenio Colectivo: Superior Categoría e consolidación de Niveles, así como a convocatoria de Prazas Vacantes.
• Prima de Pastas para ó Persoal de Novo Ingreso: No se paga dita Prima ó Persoal de Novo Ingreso, aplicándose así unha dobre escala salarial no Departamento.
• Prima de Picado Preventivo ó Persoal de Novo Ingreso: Neste punto tamén se aplica unha dobre escala salarial porque esta gratificación só a perciben os titulares do posto.

Na Conciliación non houbo ningún tipo de acordo. Estes temas formaban parte dun paquete de reclamacións que foron promovidas por esta Sección Sindical a finais do ano 2009. Durante os catro primeiros meses do 2010 celebráronse os actos previos: reunión da Comisión de Interpretación e Vixilancia (13/01/10), solicitude de mediación ó AGA (11/03/10), renuncia da Empresa á Mediación do AGA (05/04/10).

Entre estes temas estaba a Reclamación das cantidades pola regulación do IPC dos anos 2008 e 2009, este foi o único tema polo que interpuxo demanda a Presidencia do Comité de Empresa (24/06/10). O 9 de Setembro, o Xulgado do social número UN fallou desestimando a demanda, decidindo a representación da Presidencia do Comité non recorrer dita sentencia. Este procedemento segue aberto polo recurso que CCOO presentou ante o Tribunal Superior de Xustiza o 29 de Outubro do 2010.