viernes, 28 de enero de 2011

OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE ALCOA CORUÑA GAÑAN AS ELECCIÓNS SINDICAIS

No día de onte os traballadores e traballadoras da Fábrica de ALCOA INESPAL S.A da Coruña díchedes, unha vez máis, unha impresionante demostración de madurez e compromiso coa vosa “masiva” participación nas Eleccións Sindicais. Conseguiuse unha participación do 85,69% dos traballadores e traballadoras con dereito a voto, a pesar de estar convocada unha Folga para esta xornada. Esta gran implicación dos traballadores e traballadoras de ALCOA CORUÑA, terá que ser tida moi en conta de cara o futuro por calquera que intente ameazar a viabilidade da Fábrica. Por iso, O GRAN VENCEDOR DESTAS ELECCIÓNS SINDICAIS É TODO O PLANTEL DESTE CENTRO DE TRABALLO.

Dende a Sección Sindical de CCOO queremos agradecervos este feito, e darvos as “grazas” polo gran apoio e confianza que “unha vez máis” destes a nosa Candidatura. Grazas a ese apoio, conseguimos ser a opción máis votada con 214 votos, o que nos da 9 Delegados no novo Comité de Empresa dun total de 17 Delegados elixibles. Estes resultados danos a Maioría Absoluta, e anímannos máis si cabe, a seguir traballando co mesmo esforzo e determinación na defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras e da viabilidade da nosa Fábrica.

UNHA VEZ MÁIS GRAZAS POLA VOSA CONFIANZA E APOIO.

Seguiremos informando.