viernes, 30 de marzo de 2012

COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO E.R.T.E

Na reunión de hoxe a Comisión de seguimento tratou os seguintes asuntos:

Listados do 1º Grupo do E.R.T.E:

A Dirección entregou a lista do 1º Grupo do E.R.T.E. coas modificacións anunciadas no colectivo de Barristas e da Fundición. Ademais informou que este primeiro grupo de 46 traballadores reduciuse a 44 traballadores pola aceptación de dúas baixas incentivadas máis. Tamén informou que oficialmente habían comunicado (ven por escrito ou por telefono) a os integrantes do primeiro grupo as datas de vacacións e suspensión de contrato, convocándolles para máis adiante a firmar toda a documentación necesaria para que a empresa xestione co INEM a prestación pola suspensión do contrato. A Dirección dixo que tamén habían feito a mesma comunicación cos destinados á internalización de traballos, informándolles das datas de vacacións e incorporación á internalización. A Representación dos Traballadores (RT) recriminoulle á Dirección, unha vez máis, a tardanza na comunicación cos traballadores, por entender que deberían habelo feito o mesmo tempo que entregaron o listado ó Comité de Empresa, e que si despois había algún cambio resolveríase cos implicados. A Dirección dixo que tomaban nota para corrixilo no futuro.

Traslados a San Cibrao:
A Dirección informou que durante a segunda quincena de Abril celebraranse as entrevistas cos solicitantes de traslado. Tamén adiantou que en Abril levarase a cabo o primeiro dos traslados e dous máis no mes de Maio. Dixeron tamén que nos últimos días tiveran que rexeitar unha nova solicitude para San Cibrao por estar fora do prazo.

Calendarios durante o E.R.T.E:
Electrólises: Os Cubistas e Preventivo seguiran co seu formato de calendario, os Barristas de Serie 1 que se incorporen á Serie 2 realizarán o calendario de destino (6-4).
Fundición: O equipo de Tochos, serra Imisa e transportistas seguirán o mesmo calendario actual. Para realizar a produción de Placas (800 Tm/mes), pequenos traballos de mantemento, cubrir baixas nos turnos e dar relevos para formación aos turnos crearase unha bolsa de 6 polivalentes A (dos máis antigos), divididos en dous grupos co mesmo formato de calendario co picado preventivo das Series; turno de mañá de luns a venres (5-2) e turno de tarde de luns a xoves (4-3).
PAC: Os formatos dos calendarios non sufrirán cambios.
Mantemento Central: Os axudantes dos mecánicos de turno pasarán a xornada para reforzar o mantemento programado na Serie parada. Os traballadores destinados á limpeza estarán de xornada (3 traballadores) e turno de tarde (4 traballadores). Este calendario non é definitivo, vaise revisar por encontrar deficiencias que poden empeorar a calidade no servizo.

Por último, aínda que non teña nada que ver co tratado na reunión da Comisión de Seguimento e sen que sirva de precedente queremos aproveitar esta comunicación para informar a todos os que están a dicir que CCOO votou permiso para a Folga do pasado 29 de Marzo, o seguinte:

DENDE SEMPRE PARA EVITAR QUE A EMPRESA NOMEE SERVIZOS MÍNIMOS AOS DELEGADOS DESTA SECCIÓN SINDICAL E PODER ASÍ ORGANIZAR E PARTICIPAR NOS PIQUETES INFORMATIVOS DA EMPRESA E DE FORA BÓTASE PERMISO SINDICAL.
ESTE PERMISO SINDICAL SEMPRE VAI ACOMPAÑADO DUNHA NOTA NA QUE SE PIDE O DESCONTO DO DÍA DE FOLGA PARA TODOS OS DELEGADOS QUE LLE TOCASE TRABALLAR.



Axuntamos foto do correo electrónico onde se comunica o permiso para ese día coa petición do desconto do salario. Os nomes están borrados para non incurrir en ningúnha falta contra lei de protección de datos. O orixinal está a disposición de que o queira ver.