martes, 13 de marzo de 2012

COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO E.R.T.E.

A Comisión de Seguimento do E.R.T.E reuniuse hoxe por primeira vez ás 10:30 da mañá. A Dirección informou que debido a motivos técnicos o recorte de produción faríase progresivamente nunha nova distribución, parando antes do 1 de Abril a segunda metade da Serie 1, rematando a parada programada no mes de xullo. A Dirección recalcou que esta nova distribución pode minorar o impacto sobre os traballadores, pero que non cambia nada sobre o obxectivo final, que segue sendo a redución de produción de 45.000 Toneladas.

Segundo a Dirección teñen pendentes oito peticións de traslados a San Cibrao, que terminaran de materializarse (nalgún caso) no mes de Setembro, posto que ó realizarse mediante Contratos de Relevo os traballadores solicitantes terán que esperar polo posto de traballo que deixe o traballador relevado. Sobre as baixas incentivadas dixeron que levaban máis de 15 solicitudes e que tiñan un presuposto limitado debido ás circunstancias económicas actuais e que de momento non tiñan ningunha confirmada.

A Dirección comprometeuse a entregar a RT a relación de traballadores do primeiro grupo o próximo venres 16 de Marzo nunha nova reunión da Comisión. Para ese mesmo día o Comité de Empresa convocou unha Asemblea Informativa no Comedor Social ás 15:00horas, na cal detallará todo o falado hoxe, máis o que se trate ese día.

Seguiremos informando.