O Secretario Xeral da Federación Nacional
de Industria de CC.OO (Felipe
López) enviou hoxe luns senllas cartas ao Presidente do Goberno (Mariano
Rajoy) e ao Ministro de Industria (José Manuel Soria).
O Secretario Xeral ofreceu a súa colaboración e emprazou os Gobernantes a unha reunión para buscar unha solución enerxética para o Sector do Aluminio en España que garanta o mantemento da súa actividade e o emprego no futuro.