Compañer@s Alcoanos a manifestación do próximo martes dende a fábrica ata a delegación do Goberno da Coruña é de vital importancia na loita polos nosos postos de traballo.
Temos que seguir concienciando da nosa difícil situación aos medios de comunicación, á cidadanía da Coruña e demandar dos nosos gobernantes unha solución de garantías á actual incerteza enerxética que pon en perigo o mantemento da actividade industrial da nosa Fábrica.
Dende CCOO animámoste a que o día 10 te poñas a túa roupa de traballo e participes nesta nova movilización, e estamos seguros que o farás, porque ninguén vai defender mellor que ti mesm@ o teu posto de traballo e o teu futuro.
ÁNIMO COMPAÑEIR@S!!!!
CO ESFORZO DE TOD@S CONSEGUIRÉMOLO!!!!