lunes, 12 de noviembre de 2012

FOLGA XERAL 14N


Hoxe tivo lugar unha nova reunión sobre os Servizos Mínimos para a Folga Xeral do próximo mércores 14 de Novembro co fin de tratar de chegar a un acordo. A Dirección fixo a seguinte proposta:


Departamento de Electrólises:
4 Polivalentes en función de cubista en Serie 2.
1 Coador en Serie 2 en quenda de mañá.
2 Barristas en Serie 2.
1 Xefe de Quenda.


Departamento de Fundición:
1 Polivalente en quenda de mañá e noite.
3 Polivalentes en quenda de tarde.
1 Xefe de Quenda.


Pastas, Anexos e Captación:
1 Operario de Captación en quenda de mañá e noite.


Mantemento Central:
1 Mecánico do ERR.
1 Electricista do ERR.
Mantéñense todos os servizos de Retén establecidos.


Servizos Xerais:
1 ATS.
Mantéñense todos os servizos de Retén establecidos en Planta.


A Representación dos Traballadores (
RT) non aceptou esta nova proposta por entender que era abusiva e estaba feita pensando en realizar traballos de produción ese día, cando a única función que cabe realizar é a de mantemento e seguridade das instalacións. A RT foi moi crítica coa designación de dous Barristas na Serie e de tres Polivalentes na Fundición na quenda de tarde. Asinouse a acta de desacordo e o Comité de Empresa emprenderá a correspondente reclamación xurídica.


FOLGA XERAL14 N
Unha vez máis con motivo dunha xornada de folga temos que saír ao paso dalgúns comentarios que só buscan confundir e distorsionar a verdade. O caso é que alguén na Fábrica estase a dedicar a dicir que os delegados de
CCOO botaron permiso sindical para o día da folga e así cobrar o día. Ante isto dicir, unha vez máis, que esta Sección Sindical cóbrese sempre  ante a empresa nos días de folga botando permiso sindical para os seus delegados para evitar que sexan nomeados Servizos Mínimos impedindo así a súa participación nos piquetes informativos, tanto da empresa como externos, pero sempre se acompaña o permiso sindical dunha nota solicitando o desconto da xornada a todos os delegados e sempre se lles descontou a xornada de folga. Mañá poñeremos nos taboleiros da Sección Sindical a nota adxunta ao permiso sindical selada na oficina de persoal o 9 de Novembro.


Dito isto, dende a Sección Sindical de CCOO de Alcoa da Coruña queremos animarvos a que participedes activamente na xornada de folga do próximo mércores 14 de Novembro, esta folga é necesaria e útil fronte a unha crise que se converteu nunha estafa aos cidadáns e cidadás. Únete a nós e participa nos piquetes informativos, se así o decides esperámoste mañá ás dez da noite no Edificio de Sindicatos en Alfonso Molina (detrás de Seat Marineda) alí organizaremos os distintos grupos de Piquetes Informativos. Por último recordarlle a todos/as que a manifestación da folga xeral do 14 de Novembro partirá ás doce da mañá da praza da palloza.