Tal
e como se informou na Asemblea do pasado 15 de febreiro, o período de
negociacións asinado coa Dirección para buscar un acordo sobre a redución de
custos salariais de cara ao 2013, rematou sen acordo. A empresa negouse dende o
primeiro día a non retornar cantidade algunha deixada de percibir polos
traballadores durante o ano 2013, a pesar de que esa era unha das garantías
asinadas polas dúas partes no acordo para a apertura destas negociacións o
pasado 18 de xaneiro.
No día
de hoxe a Dirección presento de novo os procesos de inaplicación
do Convenio Colectivo (art. 82.3 ET) e a
Modificación Sustancial das Condicións de Traballo (art.41 ET), nas seguintes
condicións:
·
Conxelación das Táboas Salariais dende o 1 de xaneiro ao 30 de xuño
de 2013 en todos os seus conceptos (IPC máis
incrementos fixos en primas).
·
Non se pagará a Prima de Resultados 2013 ao persoal PIC nin o bono de desempeño ao persoal PFD (na mesma proporción do 4%).
·
As pagas extraordinarias de xullo e decembro redúcense ao 50% tanto
para o persoal PIC coma para o persoal PFD.
Esta
nova proposta de "descolgue de Convenio"
que formula a empresa de cara ao ano 2013, volve ir por enriba das necesidades
de aforro de custos que din ter (1.479.870 euros). O pasado 11 de xaneiro a
empresa había presentado un proceso de descolgue aínda de maior impacto:
·
Conxelación das Táboas Salariais de 2013 en todos os seus conceptos
(IPC máis incrementos fixos en primas).
·
Non se pagaría a Prima de Resultados 2013 ao persoal PIC.
·
As pagas extraordinarias de xullo e decembro reduciríanse ao 50%.
·
Non se realizarán achegas ao Plan de Pensións no ano 2013.
En
ningún dos dous procesos a Dirección di de retornar as cantidades deixadas de
pagar en 2013 aos traballadores cando as circunstancias económicas sexan máis
favorables para a empresa, é dicir cando teñan beneficios. Isto é o que defende
a Representación dos Traballadores, pois cre que é de xustiza devolver nun bo
momento os esforzos que se realizan para saír de situacións como as que di ter
a empresa. Está claro que a Dirección non busca o acordo neste conflito, pois
se non entran á devolver cantidade algunha nun escenario máis favorable.
Ademais queda claro o seu talante negociador cando unha vez iniciado este
proceso, no que hai negociar de boa fe durante 15 días, a Dirección fixa un
calendario con só dúas reunións (25 de febreiro e o 4 de marzo).
Temos que recordar que o actual Convenio Colectivo (2010-2014) foi
negociado nun escenario de crise e de malos resultados económicos (parada de
produción 2009, inundación Avilés 2010, etc e deslocalización do alambrón). Nesta negociación o Comité de Empresa defendeu
unha proposta de tres anos de vixencia, co cal tocaríanos volver negociar o Convenio
Colectivo no 2013 e foi a empresa a que forzou a un
acordo final por cinco anos, para agora vir coas rebaixas.
A Dirección pode tratar de defender a legalidade da súa postura
amparándose na última reforma laboral. Para nos a proposta da empresa é inmoral
e ataca directamente a os que durante un ano
estiveron a loitar na rúa por unha regulación da enerxía para que Alcoa siga
mantendo o seu boiante negocio do aluminio en España. A proposta realizada pola
empresa non garante a viabilidade da Fábrica, máis ben o contrario, xa que non
ven rescaldada dunha acción industrial para mellorar os seus custes. A mostra
de isto é que o 3 de Outubro de 2011, asinouse
coa Dirección da Coruña un Plan de Competitividade que recollía unha
serie de medidas, melloras e investimentos nas instalacións que melloraban os
custos da Fábrica. Durante a negociación deste Plan a Representación dos
Traballadores conseguiu unha subvención da Xunta de Galicia duns 800.000 euros
(setembro 2011) para instalar o Gas Natural na Fundición. O investimento total
desta instalación ascendía máis ou menos a 1.000.000 euros estimando a empresa
que isto lles daría un aforro anual de 500.000 euros. A día de hoxe este
investimento aínda non se levou a cabo e a subvención da Xunta de Galicia vaise
aprazando ano tras ano ¿Por qué non a
executan si o que buscan de verdade son aforros?
No punto 12 deste Plan de Competitividade a Dirección di
textualmente que, "Ante a pregunta
da RT de coñecer o aforro que a planta consegue co plan de competitividade
presentado e a posición na que quedaría a planta, a RD informa de que todas
as medidas incluídas no plan de competitividade (enerxía, materias primas,
Fundición, mellores prácticas, contratistas e produtividade) supoñen unha
redución aproximada de 99,4$/T. A RD manifesta que se todas estas medidas
estivesen xa executadas a día de hoxe, a planta posicionaríase nunha situación competitiva
respecto á planta de Avilés". Segundo o dito pola Dirección, se tivesen aplicado este Plan a
planta tería reducido os seus custos de cara ao ano 2013 en 5.000.000 euros.
A
empresa fixo unha previsión de cara ao 2013 moi agresiva, para xustificar con
iso as medidas presentadas. Estimou un valor de LME 1.900$/Tm (prezo de
tonelada de aluminio) que se afasta moito da cotización actual de 2.050$/Tm.
Con este valor de LME e unha produción estimada de 69.000 Tm a empresa obtería
un diferencial a favor de uns 10.300.000 dólares, que co cambio actual
supoñerían case 8.000.000 euros. Polo tanto a empresa non ten neste momento o problema que di
ter, e menos, se a estes datos sumamos os altos Premios que teñen na actualidade
os Tochos e as Placas e a mellora do prezo da enerxía coa nova regulación da interrumpibilidade.
Por
todo isto dende CCOO non podemos aceptar que a empresa non se preste a devolver os
cartos que lle quere quitar os traballadores nun momento de bonanza económica.
O próximo xoves 21 de Febreiro o
Comité de Empresa reunirase de novo para valorar a situación que formula a
Dirección con este novo proceso de "descolgue
de Convenio".
SEGUIREMOS INFORMANDO