O Comité de Empresa vén de convocar unha Asemblea Xeral
Informativa para o próximo venres 15 de febreiro, esta é a data límite de
negociacións fixada o pasado 18 de xaneiro no acordo polo que a empresa
retiraba o proceso de descolgue de Convenio. Neste período de tempo as
negociacións do PLAN DE AFORRO DE CUSTOS 2013 avanzaron máis ben pouco, xa que
a empresa despois de asinar unhas garantías mínimas de negociación, deseguida
puxo como referencia na mesa o acordo alcanzado en Avilés posteriormente nunhas
condicións peores ó pactado na Coruña. A partir dese momento a Dirección, a pesar
de asinalo, negouse a falar do retorno de calquera cantidade deixada de aboar
no ano 2013.
Para o 14 de febreiro está fixada a última reunión deste proceso. Esperamos para entón que por unha vez a Dirección cumpra o que asina.
O Comité de Empresa tamén
quitou unha nota hoxe recordando a todos os PFD con posto de traballo recollido en
Convenio Colectivo que teñen un prazo aberto ata o 31 de Marzal para
solicitar a súa inclusión no mesmo.