O pasado 14 de marzo celebráronse dúas reunións da Comisión de
Interpretación e Vixilancia do Convenio Colectivo e en ningunha das dúas
reunións se chegou a un acordo. A primeira celebrouse a petición do Comité de
Empresa para tratar o conflito de traballo xurdido polo incumprimento do
Convenio ao non realizar a empresa os incrementos salariais pactados para o ano
2013 e a non devolución das cotas do Fondo de Axuda do ano 2012. A segunda levouse
a cabo por solicitude da Dirección seguindo co proceso que iniciaron para a inaplicación do
Convenio e a Modificación Substancial das Condicións de Traballo.
Hoxe mesmo, unha vez asinada a acta da reunión da Comisión de
Interpretación e Vixilancia o Comité de Empresa cursou solicitude ante o Consello
Galego de Relacións Laborais
para unha mediación no AGA
por incumprimento de Convenio. Se neste organismo non se chega a
un acordo o asunto finalmente rematará nos xulgados cun conflito colectivo para
reclamar o deixado de pagar pola empresa no ano 2013. En canto ao proceso para
o descolgue de Convenio (art.º 82.3 E.T.) que a empresa inicio o pasado 19 de febreiro, e
xa pasou o tramite da Comisión paritaria, estamos á espera do que decida a
empresa, pois cremos que aínda non teñen moi claro cal é o seguinte paso legal
e onde se ten que levar a cabo.
Por outro lado, hoxe reuniuse de novo a Comisión de Interpretación e
Vixilancia por solicitude da Empresa para presentar un Plan para despois do
vencemento do ERTE
(4 de abril). A Representación dos Traballadores (RT) criticou que se convocase á Comisión
e non ao Comité de Empresa para presentar o devandito plan. O plan consiste en
que a empresa xustificando non realizar un novo ERE a partir do próximo 4 de abril, di necesitar
seguir coas internalizacións acordadas durante o ERTE e ademais incorporar a outros dez
traballadores, para realizar as internalizacións que xa existentes e outras novas que se realizaran e informan
que os novas incorporacións se fan polo criterio da antigüidade (os menos antigos).
E presentan un listado cos nomes dos traballadores afectados e informan que a
partir do 4 de abril todos os afectados pola internalización percibirán o
salario correspondente á xornada realmente desempeñada. Ademais a Dirección di
que necesitarán prolongar as vacacións ata finais de ano nalgún departamento.
A RT
solicitou que a Dirección quitase unha nota pedindo voluntarios para a
internalización, pois podía haber traballadores interesados en realizar horario
de xornada e sería bo dar esa posibilidade, mentres podía haber outros da lista
que preferían volver ou seguir no seu posto. A RT solicitou saber cal sería a nova
organización nos Departamentos a partir do ERTE e como quedarían os calendarios nos
mesmos.
A Dirección informou que debido aos prazos legais establecidos para
executar unha Mobilidade enviaría as cartas de preaviso igualmente aos
traballadores do listado e despois se había voluntarios realizaríanse os
cambios.
O Comité de Empresa reunirase o próximo luns 18 de Marzo para avaliar esta
nova situación e tomar as decisións que considere oportunas ao respecto.
Seguiremos Informando.