viernes, 15 de marzo de 2013

NOTA INFORMATIVA DO COMITÉ DE EMPRESA


O pasado 14 de marzo celebráronse dúas reunións da Comisión de Interpretación e Vixilancia do Convenio Colectivo e en ningunha das dúas reunións se chegou a un acordo. A primeira celebrouse a petición do Comité de Empresa para tratar o conflito de traballo xurdido polo incumprimento do Convenio ao non realizar a empresa os incrementos salariais pactados para o ano 2013 e a non devolución das cotas do Fondo de Axuda do ano 2012. A segunda levouse a cabo por solicitude da Dirección seguindo co proceso que iniciaron para a inaplicación do Convenio e a Modificación Substancial das Condicións de Traballo.

Hoxe mesmo, unha vez asinada a acta da reunión da Comisión de Interpretación e Vixilancia o Comité de Empresa cursou solicitude ante o Consello Galego de Relacións Laborais para unha mediación no AGA por incumprimento de Convenio. Se neste organismo non se chega a un acordo o asunto finalmente rematará nos xulgados cun conflito colectivo para reclamar o deixado de pagar pola empresa no ano 2013. En canto ao proceso para o descolgue de Convenio (art.º 82.3 E.T.) que a empresa inicio o pasado 19 de febreiro, e xa pasou o tramite da Comisión paritaria, estamos á espera do que decida a empresa, pois cremos que aínda non teñen moi claro cal é o seguinte paso legal e onde se ten que levar a cabo.

Por outro lado, hoxe reuniuse de novo a Comisión de Interpretación e Vixilancia por solicitude da Empresa para presentar un Plan para despois do vencemento do ERTE (4 de abril). A Representación dos Traballadores (RT) criticou que se convocase á Comisión e non ao Comité de Empresa para presentar o devandito plan. O plan consiste en que a empresa xustificando non realizar un novo ERE a partir do próximo 4 de abril, di necesitar seguir coas internalizacións acordadas durante o ERTE e ademais incorporar a outros dez traballadores, para realizar as internalizacións que xa existentes  e outras novas que se realizaran e informan que os novas incorporacións se fan polo criterio da antigüidade (os menos antigos). E presentan un listado cos nomes dos traballadores afectados e informan que a partir do 4 de abril todos os afectados pola internalización percibirán o salario correspondente á xornada realmente desempeñada. Ademais a Dirección di que necesitarán prolongar as vacacións ata finais de ano nalgún departamento.

A RT solicitou que a Dirección quitase unha nota pedindo voluntarios para a internalización, pois podía haber traballadores interesados en realizar horario de xornada e sería bo dar esa posibilidade, mentres podía haber outros da lista que preferían volver ou seguir no seu posto. A RT solicitou saber cal sería a nova organización nos Departamentos a partir do ERTE e como quedarían os calendarios nos mesmos.

A Dirección informou que debido aos prazos legais establecidos para executar unha Mobilidade enviaría as cartas de preaviso igualmente aos traballadores do listado e despois se había voluntarios realizaríanse os cambios.

O Comité de Empresa reunirase o próximo luns 18 de Marzo para avaliar esta nova situación e tomar as decisións que considere oportunas ao respecto.


Seguiremos Informando.