viernes, 26 de abril de 2013

1º MAIO


— O 1.º de Maio é unha xornada de solidariedade e reivindicación internacional, e este ano conmemórase no medio dunha profunda crise económica e financeira, que nalgúns países como o noso se manifesta de forma dramática.

— A Unión Europea, que actúa ao ditado da chanceler Merkel, insiste nas súas receitas neoliberais: déficit, golpe ao estado de benestar e aos dereitos sociais e laborais, paro e recesión.

— Políticas que en España, coma noutros países do sur de Europa, amosan o seu perfil máis antisocial, con reformas laborais orientadas a debilitar a negociación colectiva e acabar co convenio como ferramenta de protección de traballadoras e traballadores.

— Pero sen dúbida, a faciana máis cruel destas políticas é a destrución de emprego e o paro, que xa superou o listón intolerable dos seis millóns de persoas que, querendo, non poden traballar.

— Ademais, o Goberno non para de privatizar, de transferir recursos públicos á iniciativa privada, de xerar unha crecente desprotección e inseguridade entre os sectores máis desfavorecidos.

— Aínda por riba, aumenta a desafección da cidadanía pola política e recrúa a crise institucional, xusto cando son máis necesarias ca nunca as políticas públicas para mellorar a vida da xente.

Fai falta outra política


Por iso en Galicia e en España e ante as políticas de irracional austeridade e contención do déficit levadas a cabo, a custa de empobrecer a inmensa maioría da sociedade, os sindicatos propoñemos:

- fronte ao drama do paro: reactivación económica
- fronte á desregulación laboral: dereitos e convenio colectivo
- fronte ás privatizacións: servizos públicos e protección social
- fronte á crise social e política: máis e mellor democracia

Participa na Manifestación do 1.º de Maio de 2013!!!!
PRAZA DA PALLOZA, ás 12 da mañá !!!!
Loita polos teus dereitos!!!!