Despois de que a Comisión Consultiva Nacional de
Convenios Colectivos (CCNCC) emitise a resolución do Laudo Arbitral no
departamento de electrólises algúns mandos están a comunicar aos traballadores
que a fábrica está nunha situación crítica. Imaxinamos que para pola vía do
medo forzar a que asinemos a inaplicación, xa que non saíu como esperaban.
Dicirvos
que o Comité de Empresa nas alegacións presentadas na CCNCC, fixo constar que o
único que se buscaba era a viabilidade da planta e fóra cal fóra o resultado da
arbitraxe manterían a súa postura; levar a cabo os investimentos
comprometidas e que nos devolvan o diñeiro cando teñan beneficios. Non nos
é posible fiarnos máis desta Dirección, que renegan do que asinan.
Cando as
cousas veñen mal os nosos "Xefazos" son os primeiros en abandonar o
barco. Son da mesma escola que o capitán do Concordia, ao ERTE remitímonos. Tendo
os salarios máis altos e podendo aforrar máis, dicían que non podían ir ao ERTE
porque eran imprescindibles, iso si aproveitárono ben facendo pontes de venres
a luns. En cambio agora resulta que xa non son tan imprescindibles para irse de
vacacións todo o mes.
Por
outro lado, dicirlle á Dirección e os seus "aspirantes a xefes de
planta" que dado que a inaplicación non lles saíu como esperaban que fagan
entre eles unha colecta ata completar a diferenza, porque entre outras cousas
os seus salarios e prebendas, que son moitas, dan para realizar ese esforzo.
Así darían exemplo que é o que nunca practican, xa que a súa intención é de
cargar a parte económica sobre os traballadores e saír eles co mínimo posible e
ás probas remitímonos.
Cada día
que pasa a Dirección de Planta está máis en dúbida que non só tense que dedicar
a pedir esforzos e sacrificios aos traballadores (nota de dirección 1.07.13)
senón que ten que xestionar a Fábrica como se espera dela e esixir
responsabilidades por todo o que está a pasar nos Departamentos. Pouca decencia
hai que ter para estar a pedir sacrificios aos traballadores ao mesmo tempo que
se lles recorta o seu salario, e logo
estando a fábrica tan mal economicamente alugar as instalacións dun
hotel para levar a cabo unha reunión.
Menos
decencia hai que ter para intentar quedar como un "xefazo" invitando
a catro churros aos traballadores e levándoos a comer o Club Financeiro. Mellor
sería que o Xefe de Electrolisis concentrase a súa pouca capacidade en
xestionar o Departamento, que boa falta lle fai. E se deixáse de parvadas e de
facer experimentos que finalmente elevan os custos, e fan que a día de hoxe a
serie 2 este feita un desastre e os traballadores rebentados pola súa
inoperancia.