O pasado xoves 27 de febreiro (Madrid), a Comisión de
Control do Fondo de Pensións BBV
UN reuniuse en convocatoria extraordinaria para decidir a inclusión no Fondo
dos novos Plans de Pensións Alcoa
Inespal Avilés e Alcoa
Inespal Coruña. A Comisión de Control resolveu por unanimidade
incluír aos devanditos plans no Fondo de Pensións BBV UN.

Na reunión, a Xestora do BBV
UN tamén presento a situación do Fondo. Resaltar que no exercicio 2013 a
rendibilidade obtida foi do 7,06% e no que levamos de exercicio 2014 a
rendibilidade é de 0,30%. (ver cadro anexo).
Informar tamén, que se está a falar coa Dirección de Planta
e a Xestora de Fondo de Pensións para que técnicos do Fondo de Pensións BBV UN poidan dar
unhas charlas na Fábrica e expliquen os beneficios do noso Plan de Pensións e
tamén as mellores alternativas no cobramento de prestacións para que
fiscalmente sexan máis rendibles.