martes, 25 de marzo de 2014

PRIMA DE RESULTADOS 2013

            Despois de comprobadas varias nóminas do mes de Febreiro detectamos que para calcular o importe da Prima de resultados a Dirección había descontado o importe de 15 días de salario ao valor anual do salario base en táboas, o cal reducía o importe a cobrar. A Dirección  xustificaba que iso se facía pola inaplicación do Convenio que había reducido en 15 días de salario a paga extraordinaria do mes de Xullo 2013.

            Non estando de acordo con este criterio denunciamos ante a Dirección que se estaba a realizar unha interpretación errónea da resolución do Laudo Arbitral; la inaplicación del artículo 30.3.2 se producirá exclusivamente respecto de la Gratificación Extraordinaria correspondiente al mes de Julio, la cual tendrá así un importe de 15 días de salario base”.  

            Ademais, a mesma empresa no seu documento de solicitude de Inaplicación só pedía reducir a metade da contía da paga extraordinaria. Tendo en conta todo isto, entendiamos que non se podía utilizar a inaplicación de 15 de salario base na paga extra, e logo, utilizar de novo esa mesma Inaplicación para realizar o cálculo da Prima de Resultados.

            Finalmente fomos  quen de facer entrar en razón á Dirección para que revisaran o cálculo da Prima de Resultados, a regularización de esa cantidade farase (segundo din) na próxima nómina do mes marzo.  


            Seguiremos informando...