sábado, 28 de febrero de 2015

CCOO GAÑA DE NOVO AS ELECCIÓNS SINDICAIS EN ALCOA INESPAL CORUÑA.

Os delegados da Sección Sindical de CCOO agradecemos a todos os compañeiros e compañeiras o apoio que nos destes nestas eleccións sindicais.

De novo conseguimos ser o sindicato mais votado estivemos só a 5 votos da maioría absoluta. Conseguimos 6 delegados de 13 que conformarán o novo Comité de Empresa.
Resultados:
CCOO... 6
UGT...... 3
CIG....... 2
APC...... 2
Todo isto conseguímolo grazas ao apoio de tod@s vos, non só o día  hoxe, senón día a día durante todos os anos que levamos na fábrica.
A partir de agora mesmo temos o reto de dar resposta á confianza que nos destes e xa imos continuar traballando para manter a actividade da nosa fábrica loitando contra todas as ameazas e tamén tratar de mellórar as condicións laborais, sociais, económicas e de seguridade de toda a plantilla.

Para conseguir os mellores resultados consideramos necesaria a unidade sindical e de todos os traballadores e traballadoras da fábrica. As eleccións acaban de rematar e queda moito traballo por diante. Dende xa tendemos a man ao resto de sindicatos para compartir posicións e conseguir unha maior eficacia na loita dos nosos postos de traballo, os nosos dereitos e as continuas agresións que estamos a sufrir os últimos tempos. 

Si permanecemos Xuntos conseguiremos os nosos obxectivos!!!

MOITAS GRAZAS  POLA VOSA CONFIANZA E POLO VOSO APOIO !!!!