martes, 10 de febrero de 2015

Xornada de acción mundial polo dereito de folga


     O 18 de febreiro están  convocadas manifestacións en toda España, porque asistimos a un retroceso inaceptable das liberdades públicas e das vías de participación democrática. Opoñémonos a este intento de restrinxir dereitos fundamentais, baseándonos nos principios democráticos que emanan da Constitución, e reclamamos a derrogación do artigo 315.3 do Código penal, que vulnera o exercicio do dereito a folga.


       A folga é un dereito fundamental recoñecido en case todos os países do mundo, pero estase intentando restrinxir o seu exercicio para, ao tempo, silenciar a cidadanía. Criminalizáronse as actuacións de trescentos sindicalistas en defensa dos dereitos dos traballadores e as traballadoras; entre eles, catro son de Galicia: Carlos, Serafín, Ana e Tamara, todos con penas de prisión de tres anos e esperando a que se lles dea resposta ás peticións de indulto. Mentres tanto, continúan as mobilizacións na súa defensa. Tamén están os cinco traballadores de Arcelor en Asturias que, tras recorreren a sentenza condenatoria que suma máis de vinte e un anos de prisión, protagonizan na actualidade diversas mobilizacións; ou os oito traballadores de Airbus en Madrid para os que o fiscal pide sesenta e catro anos de cárcere.


PARTICIPA...DEFENDE OS TEUS DEREITOS !!!
MANIFESTACIÓN 18 DE FEBREIRO
SAÍDA ÁS 20 H. DA PRAZA DA PALLOZA.