RECLAMACIÓN DE SALARIOS
Recentemente detectamos que cando un traballador/a
estaba de incapacidade temporal (I.T) a empresa estaba cometendo un erro no
pago dos días que se fixan de vacacións para o axuste de calendario en varios
departamentos.
Resulta que cando o traballador/a estaba de baixa a
empresa cambiaba eses días (V) por días de descanso (D) para facer o cálculo da
nómina, co que o traballador/a deixaba de percibir as primas e pluses
correspondentes a esa xornada fixada como vacación.
Informarvos que fixemos a correspondente reclamación
por escrito solicitando a regulación de todos os salarios calculados deste
xeito dun ano para atrás, que doutra banda é a reclamación legal que se podería
realizar por tratarse de cantidades económicas.
Sobre esta solicitude dicirvos que a empresa
contesto onte por correo electrónico asumindo o erro cometido ata agora e vai
regularizar os salarios devidos a partir do 1 de xullo.
MOBILIZACIÓNS
CONCENTRACIÓN EN SANTIAGO CCOO - UGT.
Recordarvos que mañá CCOO e UGT teñen convocadas a nivel nacional CONCENTRACIÓNS en todas as Comunidades autónomas para pedir estabilidade enerxética para a industria gran consumidora de electricidade e entregarán un manifesto conxunto alí en donde se fagan as concentracións. Si queres participar con nós na de Galicia acude ás 10:50 ao edificio sindicatos en Alfonso Molina dende ali faremos a distribución para o transporte a CONCENTRACIÓN é en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 12 da mañá.
MARCHA A PÉ A SANTIAGO
Dende CCOO pedímosche todo o apoio que poidas dar á marcha a pé a Santiago que está convocada dende o Comité de Empresa. É moi importante que te apuntes para ter sitio nos buses das etapas correspondentes.
A situación é moi complicada e temos que presionar para que se tome a mellor decisión para o nosa Fábrica.
APÚNTATE NO 625427244
¡¡¡ IMOS A SANTIAGO ...AXUDANOS NA LOITA POLO TEU FUTURO !!!