Compañeiros e Compañeiras:
Antes de nada queremos darvos as grazas pola gran participación na
Concentración de hoxe. Recordarvos que o próximo 27 de xuño está convocada unha
MARCHA A PÉ A SANTIAGO na que é necesario seguir demostrando a nosa gran
implicación na defensa dos nosos postos de traballo e a nosa fábrica. Achegamos
o cartel da mesma para que te apuntes o antes posible, xa que é necesario
tratar de facilitarlle a organización do transporte ao Comité de Empresa.
Dicirvos tamén que o próximo martes 23 de xuño, o novo Edil do Concello
da Coruña, Xulio Ferreiro, reciba á Comisión Delegada do Comité de Empresa. Nesta
xuntanza a Representación dos Traballadores explicaranlle de primeira man ao
novo alcalde a problemática que temos e solicitaranlle todo o seo apoio.
A parte do calendario de mobilizacións que se están levando a cabo dende
o Comité de Empresa, as Federacións estatais de CCOO de Industria e MCA UGT,
ante a incerteza que está xerando no sector siderúrxico a falta de definición
do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo respecto de os parámetros e datas
da poxa de interumpibilidade e co obxectivo de que o devandito proceso quede
resolto antes das vacacións de verán, estableceuse o seguinte calendario de
mobilizacións:
·
Elaboración dun manifesto en defensa dunha tarifa eléctrica que dote de estabilidade á industria e
permítalle un desenvolvemento competitivo a longo prazo.
·
25 de Xuño.- Concentracións fronte ás diferentes Delegacións de Goberno, trasladando
aos delegados de goberno, a problemática e facéndolles entrega do manifesto.
·
29 de Xuño.- Encontro cos diferentes grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados
en Madrid. A presión que se pode exercer desde o ámbito político resultará
clave para obter o noso obxectivo.
As mobilizacións vanse realizar nas comunidades con presenza industrial do sector electrointensivo: Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Cataluña, Euskadi, Galicia e Valencia.
A CONCENTRACIÓN do 25 de xuño a nivel de Galicia vaise a realizar en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 12 da mañá.
Para confirmar a túa participación nesta mobilización podes chamar ao
635560938 ou enviar unha mensaxe texto ou whatsapp. Faino canto antes para que poidamos organizar o medio de
transporte.
Un saúdo e grazas polo voso apoio.