miércoles, 24 de junio de 2015

RECLAMACIÓN DE SALARIOS E MOBILIZACIÓNS

RECLAMACIÓN DE SALARIOS

Recentemente detectamos que cando un traballador/a estaba de incapacidade temporal (I.T) a empresa estaba cometendo un erro no pago dos días que se fixan de vacacións para o axuste de calendario en varios departamentos.

Resulta que cando o traballador/a estaba de baixa a empresa cambiaba eses días (V) por días de descanso (D) para facer o cálculo da nómina, co que o traballador/a deixaba de percibir as primas e pluses correspondentes a esa xornada fixada como vacación.

Informarvos que fixemos a correspondente reclamación por escrito solicitando a regulación de todos os salarios calculados deste xeito dun ano para atrás, que doutra banda é a reclamación legal que se podería realizar por tratarse de cantidades económicas.

Sobre esta solicitude dicirvos que a empresa contesto onte por correo electrónico asumindo o erro cometido ata agora e vai regularizar os salarios devidos a partir do 1 de xullo.

MOBILIZACIÓNS

CONCENTRACIÓN EN SANTIAGO CCOO - UGT.

Recordarvos que mañá CCOO e UGT teñen convocadas a nivel nacional CONCENTRACIÓNS en todas as Comunidades autónomas para pedir estabilidade enerxética para a industria gran consumidora de electricidade e entregarán un manifesto conxunto alí en donde se fagan as concentracións. Si queres participar con nós na de Galicia acude ás 10:50 ao edificio sindicatos en Alfonso Molina dende ali faremos a distribución para o transporte a CONCENTRACIÓN é en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 12 da mañá.

MARCHA A PÉ A SANTIAGO

Dende CCOO pedímosche todo o apoio que poidas dar á marcha a pé a Santiago que está convocada dende o Comité de Empresa. É moi importante que te apuntes para ter sitio nos buses das etapas correspondentes. 

A situación é moi complicada e temos que presionar para que se tome a mellor decisión para o nosa Fábrica.


APÚNTATE NO 625427244  

¡¡¡ IMOS A SANTIAGO ...AXUDANOS NA LOITA POLO TEU FUTURO !!!