miércoles, 13 de enero de 2010

REUNIÓN DA COMISIÓN DE INTERPRETACIÓN E VIXILANCIA DO CONVENIO COLECTIVO

Hoxe as 11:30 da maña por fin tivo lugar a reunión de Interpretación e Vixilancia que CC.OO., tantas veces había reclamado. Como expuxemos noutras ocasións a esta reunión levamos 8 puntos de debate:

Regularización do IPC anos 2008 e 2009.
• Acta Complementaria do Convenio Colectivo.
• Axuda de estudos ano 2009.
• Parellas de feito.
• Polivalentes B.
• Titoría do persoal de novo ingreso.
• Prima de Pastas para o persoal de novo ingreso.
• Gratificación especial do Picado Preventivo o persoal de novo ingreso.

A este debate engadiuse un punto máis que foi a fixación do plantel necesario para desenrolar o traballo, este punto enfocouse principalmente sobre a falta de persoal de produción na Fundición.

Despois do intenso debate de tódolos puntos e antes de dar por terminada a reunión CC.OO., esixiulle a Dirección que a acta reflexara que a reunión tiña carácter retroactivo ó ano 2009 por haberse solicitado o 16 de Novembro. Unha vez que teñamos a acta firmada estaremos en disposición de acudir á mediación do AGA con tódolos puntos en desacordo.