martes, 12 de enero de 2010

REUNIÓN DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA

O Pleno do Comité celebrou hoxe dúas reunións consecutivas. Na primeira reunión aprobouse por votación trocar un Delegado de Prevención de CC.OO a favor da CIG.

Previo a votación deste punto CC.OO., manifestou estar en desacordo con esta proposta, porque ó principio desta lexislatura, fai xa 3 anos, á CIG habíaselle ofrecido participar no Comité de Seguridade cun Delegado de Prevención e rexeitarao, por iso CC.OO., ten 2 Delegados de Prevención e á falta de menos dun ano para acadar a lexislatura non é normal andar trocando ós Delegados.

Seguidamente abriuse o debate sobre as propostas de Plataforma de Convenio das distintas Seccións Sindicais. Finalmente acordouse redactar unha Plataforma Unitaria cas propostas máis interesantes das Seccións Sindicais, resaltar que APC non aportou ningunha proposta de cara a engadir na Plataforma de Convenio.

Finalmente acordouse convocar unha Asemblea Xeral para o día 21 de Xaneiro para presentar a Plataforma os Traballadores.