sábado, 20 de febrero de 2010

CC.OO NON ESTA DISPOSTA A CO PECHE DE INSTALACIÓNS SEXA A RECEITA PARA A VIABILIDADE DOS CENTROS DE TRABALLO EN ALCOA.

Dende co 11 de Febreiro a Dirección da Coruña anunciase a intención de pechar o Laminador (Fío) como política para mellorar a competitividade do centro da Coruña, esta Sección Sindical apoiada por tódolos organismos de CC.OO iniciou unha campaña para reclamar a Alcoa as inversións necesarias para evitar este peche e optimizar o resto das instalacións da Fundición da Coruña.
Durante as xornadas do 17, 18 e 19 de Febreiro que o Comité Europeo de Alcoa (Euroforum) celebrou na Coruña, o noso compañeiro (Corbacho) membro deste organismo, aproveitou para recriminar a decisión da Dirección de querer renunciar á produción de Fío de maneira definitiva na Planta da Coruña, aludindo falta de competitividade da instalación. Aparte de poñer en dubida os argumentos da Dirección o noso compañeiro, censurou a política practicada por Alcoa de esgotamento das instalacións, sen inversión algunha dende que se fixera cargo da Fábrica. Seguidamente reclamou á Dirección de Alcoa en Europa de Aluminio Primario a necesidade de facer inversións na Fundición da Coruña de cara a aproveitar o potencial dispoñible e mellorar a súa competitividade e solicitou un plan de viabilidade (inversións, estratexia, obxectivos, etc.) para a Planta da Coruña.

Outras noticias.
ler máis.