viernes, 12 de febrero de 2010

A Dirección da Coruña pretende pechar a instalación do Laminador

Onte tivo lugar unha reunión convocada pola Dirección da planta para presentar os obxectivos para o ano 2010. Antes de empezar, censuróuselle a Dirección que a convocatoria só fose feita para unha delegación do Comité de Empresa e non para o pleno do mesmo.

O Director, máis que falar de obxectivos, fixo unha exposición comparativa da situación da planta da Coruña con respecto os centros de Alcoa en todo o mundo. Na comparativa a nosa Fábrica, según os datos do Director, non estaba mal salvo en tres casos; no custe de conversión de electrólises (6º pola cola, 1.700$), no custe de fabricación de Pasta, e na produtividade da Fundición (Toneladas/horas traballo). Seguidamente o Director dixo que quería parar definitivamente o Laminador Properzi, porque había pouca demanda de fío, e non eramos competitivos porque o fío que fabricabamos era de 2ª categoría, por non ser completamente redondo. O Director dixo que esta medida era cousa del, que Alcoa non dixera nada sobre a paralización da produción de fío, e que pretendía aforrar 500.000 €/ano.

Os nosos delegados alí presentes advertíronlle a Dirección que non ían aceptar tal medida, e non consentirían a saída de ningún traballador da Fábrica por este motivo, e emprazaron a Dirección a presentar un plan industrial “avalado por Alcoa”, con inversións para facer da Fundición da Coruña un referente para os seus competidores.

Manifestaron que calquera proposta que viñera da Dirección actual só producía desconfianza debido os constantes cambios de criterio. Primeiro querían ir a produción só de placas. En Marzo 2009 deixase a fabricación de Tochos, pola parada de produción, porque dín que é un produto con pouco “CASH”, e agora dín que Avilés está mellor situada que nós porque os Tochos ten un bo “CASH”. Tamén se lles dixo que de algunha maneira ó Laminador habíano sentenciado dende o accidente para non asumir a súa responsabilidade, por iso levan sen facerlle a revisión anual dende o 2008, esperando que pare só, e así non tomar eles esa decisión.

Esta Sección Sindical considera que si a Planta da Coruña en algún dato non esta a altura das circunstancias, é debido exclusivamente á deficiente xestión da Dirección actual.