viernes, 26 de febrero de 2010

REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA CÁ DIRECCIÓN

O Mércores 24 houbo unha reunión entre Empresa e Comité, para tratar os resultados da planta máis o posible peche do Laminador. Nesta reunión tratáronse os mesmos temas da última reunión (11/02), pero esta vez co pleno do Comité. A reunión foi un calco da anterior, a Dirección non aportou nada novo. Seguen querendo desfacerse do Laminador aludindo falta de competitividade da instalación, pero por outro lado, tampouco presentan ningún plan coas inversións necesarias para optimizar e mellorar a competitividade da Fundición, e por conseguinte a de toda a Fábrica.

O Comité ante a falta de alternativas por parte da Dirección, e tendo esta como obxectivo único pechar o Laminador para aforrar 500.000€ o ano, advertiulle que de non quitar un comunicado firmado comprometéndose a manter a instalación do Laminador hasta buscar un plan de consenso para a competitividade da Fundición, iniciarían de inmediato as accións de mobilización necesarias para evitar tal medida.

A Dirección quitou onte un comunicado tal e como lle esixiu o Comité de Empresa. Despois de cumprir con este requisito a Dirección e o Comité quedaron en manter as reunións necesarias para buscar alternativas de viabilidade a situación actual.