martes, 30 de marzo de 2010

REUNIÓN EXTRAORDINARIA DO COMITÉ DE EMPRESA

Hoxe celebrouse unha reunión extraordinaria do pleno do Comité, na mesma tratáronse os seguintes temas:

• Renovación do persoal de novo ingreso.
• Plan de viabilidade para a Fundición.
• Negociación Colectiva.

Despois dun intenso debate o pleno do Comité acordou convocar unha Asemblea Xeral de Traballadores para o 8 de Abril, na que o Comité de Empresa propoñerá ós traballadores o inicio de mobilizacións para defender as seguintes causas:

Primeiro.- Exixir a Empresa a renovación dos contratos do persoal que se contratou polo rearranque e a volta a produción de Tochos. Cumprindo así o prometido o Comité nesas datas, máis os propios traballadores, que foi: Que non se lles renovaría, si o situación empeoraba outra vez, e había que volver a parar. Nestes momentos o prezo do Aluminio está a 2.200$/TN, o cambio Euro/Dólar en 1,345, estanse arrancando cubas e non parando, e si isto fora pouco a Empresa vai contratar a máis xente para dar as vacacións.

Segundo.- Exixir a Empresa a presentación dun plan de viabilidade para a Fundición, que conteña: Os produtos ca Dirección quere facer na Coruña, o plantel necesario para esas producións, as inversións que farán falta para levar a cabo ese proxecto,….
Por último, o Comité tamén acordou non continuar coas negociacións do convenio, ata non ter a resolución da Asemblea Xeral. De tódalas maneiras, queremos recordar a tódolos/as traballadores/as, que foi a RD a que se levantou da Mesa de Negociación na última reunión.
Compañeir@s pola importancia dos temas a tratar acudide á Asemblea Xeral do día 8.

¡¡¡RENOVACIÓNS OU MOVILIZACIÓNS!!!
¡¡¡QUE NON XOGUEN CO TEU FUTURO!!!