miércoles, 24 de marzo de 2010

REUNION SOBRE O FUTURO DA FUNDICION E O PERSOAL DE NOVO INGRESO

Aínda que todos esperabamos outra cousa, a Dirección nesta reunión non concretou ningunha proposta de futuro para a Fundición, nin inversións, nin proxectos alternativos. Dende o noso punto de vista, a Dirección tratou de utilizar esta reunión para suxestionar os membros do Comité, con tal de convencelos de apostar pola produción de placa como produto estrela de cara o futuro. Para elo, a Dirección fixo unha exposición comparativa con distintas posibilidades produtivas, baseándose nos resultados do ano 2008, na Fundición:

Toda a produción en unha soa vertical de placas
Toda a produción en unha soa vertical de tochos.
Toda a produción de placa, en dúas verticais.
Toda a produción de tocho en dúas verticais.
Produción combinada de placas e tochos.
Produción combinada de placa e fío.
Produción combinada de tocho e fío.

Nesta comparativa, con datos e cálculos ficticios, a placa sempre saía mellor parada co tocho. A dirección, manifestou que en este momento para que Alcoa aprobe unha inversión, esta ten que amortizarse nun prazo de dous anos, e só apostando pola placa como produto principal, sería posible cumprir esta premisa.
Tamén manifestaron a posibilidade de poder abrir o mercado da placa a terceiros, en concreto a Mosjoen (Noruega). E tamén que cabe a posibilidade de fabricar placa de gran pureza, dedicada a produtos de brillo.
A Dirección adiantou co 18 de Maio, terá lugar unha reunión moi importante en Alcoa, para ver as posibilidades e necesidades da Coruña de cara o futuro.
Sobre o persoal de novo ingreso, o que se lle están enviando cartas informándolles da expiración do contrato, a Dirección dixo, que esa carta se lle enviaba a todos como información, pero que se lles irá ofrecendo un novo contrato eventual, aínda que a algún non lle ofreceran esa posibilidade por entender que non fixeron os méritos suficientes para elo.
Dende esta Sección Sindical, queremos manifestar que si algún traballador non fora renovado sen causa xustificada, emprenderíamos de inmediato calquera acción necesaria para evitar tal medida. Dicir tamén que nos preocupa moito o que poida dicir na reunión do día 18 de Maio, a Dirección da Coruña, pois hoxe, deixounos entrever ven as claras cal é a súa aposta para a Fábrica da Coruña.