domingo, 27 de marzo de 2011

COMISIÓNS DE TRABALLO

O pasado 7 de Marzo, o Comité de Empresa solicitou a Convocatoria da Comisión de Interpretación e Vixilancia do Convenio Colectivo para tratar os seguintes asuntos:

• Contratación
• Relevistas do Contrato de Relevo
• Prazas vacantes
• Descricións de postos de traballo

A Representación da Empresa (RE) aludindo querer chegar a algún acordo antes da reunión de Interpretación e Vixilancia fixada para o 28 de Marzo, convocou ás Comisións de Traballo correspondentes a cada asunto.

O 24 de Marzo reuniuse a Comisión de Valoración de Postos de Traballo para tratar as distintas Descricións de Posto que foron revisadas na anterior Lexislatura, e que a pesar de non ter a aprobación da Representación dos Traballadores (RT), están a desenrolarse nos distintos Departamentos. A reunión rematou sen acordo algún, polo que este asunto será tratado na reunión de Interpretación e Vixilancia. Antes de rematar a reunión o representante de CCOO solicitouse á RE a entrega da revisión das Descricións incluídas no Nivel 1, en cumprimento do acordado na Acta Complementaria do Convenio Colectivo 2010-2014.

O 25 de Marzo reuniuse a Comisión de Ascensos para tratar o relacionado coas Prazas vacantes. A praza de Medidas (Serie 1) xa convocada quedou pendente do que decida finalmente o Pleno do Comité de Empresa debido ó desacordo na parte da RT. As discrepancias xurdiron o entender unha parte da RT (entre eles CCOO) que non houbera igualdade de oportunidades entre os solicitantes, por realizar unhas probas teóricas sen repartir un Temario concreto que estudar, tendo desta maneira máis vantaxe os traballadores que estiveran a practicar nese posto. O remate da reunión o representante de CCOO solicitou ademais a convocatoria de dúas prazas máis de Medidas por entender que son seis os postos de traballo nese colectivo, tamén solicitou a convocatoria dunha praza de Analista C de Laboratorio e outra de Técnico Electrónico (PCS).

A continuación da reunión de Ascensos celebrouse a primeira reunión da Mesa de Emprego despois de catro anos. Nesta reunión a RT recriminoulle a RE o incumprimento do compromiso co persoal contratado en Outubro 2010 de darlle continuidade na Fábrica sempre e cando non houbera unha recesión no Sector. Tamén se esixiu a RE a volta a contratación do Contrato de Relevo por orde de entrada, coma sempre se fixera dende que existe o Contrato de Relevo na Fábrica. A RE desoíu as reclamacións da RT polo será a Comisión de Interpretación e Vixilancia a que trate estes temas o 28 de Marzo.

SEGUIREMOS INFORMANDO