martes, 1 de marzo de 2011

RETEN DE MANTEMENTO CENTRAL

Ás 15:30 horas de hoxe, tivo lugar unha nova reunión sobre o Retén de Mantemento Central. Despois de non chegar a ningún acordo nas dúas anteriores reunións, a Representación da Empresa (RE) fixo unha nova proposta á Representación dos Traballadores (RT) alí presentes.

A RE, informou ca nova proposta, ó igual ca anterior, conseguía un importante aforro para a Planta e que basicamente consistía en volver o antigo sistema de Retén que había na Fábrica: Formar equipos de Retén de cinco membros (3 mecánicos e 2 electricistas). Nesta nova organización, o Retén da Fundición pasaría a ser desenrolado polo novo sistema, e ó mesmo tempo, tódolos mecánicos e electricistas da Fundición, co desexaran, participarían no mesmo.

A RT, valorou positivamente a nova proposta, comparándoa ca anterior (Retén de 3 membros), aínda que considerou que este proceso levaría máis tempo co exposto pola RE, que especulou, que nuns catro meses tería formado o persoal de Mantemento nas instalacións que descoñecían. A RT, expuxo que consideraba necesario co prazo para a formación fose ata fin de ano, para empezar o 2012 coa nova organización e asegurarse que todo o persoal puidera acceder o Retén, e non só uns poucos.

A RE dixo, que non quería fixarse prazos, co proceso de formación diría cando se podía implantar a nova organización e que en Xuño poderíamos ver como se atopaba de avanzado o proceso. A RT, solicitoulle a RE, unha Folla de Ruta na que constase os nomes e apelidos do persoal de Mantemento que ía a participar no Retén, así como a formación que lle faltaba e o tempo necesario para recibila. A RE, comprometeuse a facela e discutila nunha próxima reunión antes de entregarlla a RT.

Seguiremos informando.