viernes, 4 de marzo de 2011

REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA

Hoxe venres, o Pleno do Comité de Empresa mantivo unha nova reunión onde cabe destacar, o seguinte:

- Firmouse o novo Regulamento de funcionamento do Comité de Empresa, máis a Acta do anterior Pleno, onde se constituíu o Comité conforme ós resultados das últimas Eleccións Sindicais.

- Decidiuse solicitar a convocatoria da Comisión de Interpretación e Vixilancia, ante o incumprimento que a Empresa esta a facer, despois de moitos anos, ó non respectar a orde de entrada no tocante ó Contrato de Relevo. Tamén se retomaran nesta convocatoria, tódolos puntos de discrepancia coa Empresa que quedaron pendentes da Lexislatura anterior.

- As Comisións de Traballo de tres membros non puideron constituírse por falta de acordo. Para tratar de dar representación ás catro Seccións Sindicais nestas Comisións, o Presidente do Comité manterá unha reunión con RRHH.

- A petición da CIG, acordouse facer unha Asemblea Xeral de Traballadores para explicar e tomar as decisións que correspondan, sobre a sanción de oito días que a Empresa lle puxo ó seu Delegado.

- Por último, tratouse o tema do Retén de Mantemento e o exposto pola Empresa na última reunión para unificar os Reténs de Mantemento Central e Fundición. O Comité considera que con esta última proposta, a Empresa mantén os equipos de Retén de cinco membros e iso é de vital importancia para a seguridade e operatividade deste Servizo, pero o mesmo tempo considera que e inviable facer un troco na organización antes de fin de ano, primeiro por falta de tempo para dar toda a formación necesaria, e segundo, porque se deberan de cumprir os calendarios xa aprobados neste Servizo.

Seguiremos Informando.