miércoles, 22 de febrero de 2012

ASEMBLEA DE TRABALLADORES

Hoxe en Asemblea Xeral os traballadores e traballadoras da Fábrica decidiron aceptar o preacordo sobre o E.R.T.E. alcanzado en Madrid o pasado xoves 16 de febreiro. O resultado foi o seguinte:

Votos SI a favor do preacordo………………. 222
Votos NO en contra do preacordo…………… 35
Votos en BRANCOS…………………………….19
TOTAL VOTOS EMITIDOS…………..............276

CCOO o igual que UGT e APC defendeu o “SI” como a opción menos lesiva para os traballadores e traballadoras dentro da crítica situación que estamos atravesando nestes momentos. De non aceptar o preacordado, a situación que de por si é mala, veríase agravada pola alternativa de que dispón a empresa na nova reforma laboral do pasado 10 de febreiro.

Esta ratificación ó preacordo é dar máis posibilidades para a volta a normalidade. Por outro lado, é un paso máis na loita para a viabilidade da Fábrica, pois agora temos que continuar coas mobilizacións ata alcanzar un acordo no contrato da electricidade, cando iso este feito temos que presionar a empresa para o rearranque das cubas e a mellora das instalacións.

Gracias a todos e a todas volo voso apoio en todas as mobilizacións plantexadas ata agora polo Comité de Empresa. Esta loita só acaba de empezar e prevese dura e longa, pero estamos convencidos que todos e todas xuntos conseguiremos o noso obxectivo.

¡ALCOA INESPAL, A LOITA CONTINUA….!