martes, 7 de febrero de 2012

ÚLTIMA REUNIÓN COA DIRECCIÓN

NOTA INFORMATIVA DO COMITÉ DE EMPRESA
A Representación do Comité nas negociacións do E.R.E tivo onte unha nova reunión na Fábrica coa Dirección.
Nesta reunión a Dirección dixo que dispoñía de 15 prazas para os traslados a Fábrica de San Cibrao o igual que Avilés e que o persoal trasladado finalizaría a súa relación laboral na Coruña (sen indemnización algunha) causando alta en San Cibrao por medio dun Contrato de Relevo (indefinido) percibindo as condicións económicas do posto de traballo a desenvolver. Tamén explicou que o traslado de persoal técnico a fábricas europeas quedaba supeditado á necesidade de cubrir algunha praza nos proxectos das mesmas.
Sobre os períodos de rotación no E.R.E, a Dirección afirma que o mellor son períodos de 3 meses (9 ciclos de traballo a turnos). A RT non está de acordo con esta rotación, pois considera que é moito tempo desvinculado do posto de traballo e pode traer problemas de seguridade na incorporación en algúns casos.
A Dirección di estar de acordo na prohibición das horas extra durante a aplicación do E.R.E, salvo emerxencias. A RT di que as emerxencias teñen que quedar previstas no cálculo do persoal co que se quere traballar durante o E.R.E e solicita que se lle entregue un organigrama de funcionamento para detectar posibles complicacións. Ademais pide revisar e reforzar Departamentos habituais na realización de horas extra, como: contabilidade, PCS, expedicións, mantemento….
Durante a parada de produción, a Dirección non considera necesario incrementar máis persoal para dar formación, pois din habelo tido en conta nos seus cálculos. Por outro lado, seguen insistindo en dar 30 horas de formación de EHS a os traballadores regulados. A RT non esta de acordo con este punto e solicita que esta formación se dea nos meses de traballo e insiste en que se entregue o organigrama de funcionamento.
MOBILIZACIÓNS PARA ESTA SEMANA