jueves, 9 de febrero de 2012

REUNIÓN E.R.E

NOTA INFORMATIVA DO COMITÉ DE EMPRESA:

Na reunión de onte en Madrid a empresa informou que o E.R.E sería presentado hoxe no Ministerio de Traballo. Cumprindo cos requisitos legais a Dirección de Alcoa entregou a Memoria Explicativa do E.R.E á Representación dos Traballadores.

Ante as reclamacións da RT a Dirección acepta que as vacacións sexan as de un ano normal de traballo, pero coa condición de disfrutalas antes de incorporarse ó E.R.E. Con isto reduciríase o tempo máximo de permanencia no paro nun mes. Ademais este tempo veríase reducido polas baixas incentivadas, traslado a outros centros …. A RT di que a formación debe de darse en tempo de traballo (fora do E.R.E). A Dirección di estar disposta a garantir o complemento ó 100% os días de formación, pero ten que ser durante o tempo de E.R.E.

A Dirección de Alcoa di que as plantas teñen que aproveitar o E.R.E para facerse máis competitivas; máis toneladas con menos xente, menos quilovatios por tonelada e maior eficiencia. A RT solicita unha vez máis un Plan Estratéxico avalado polo Presidente de Alcoa España coas inversións necesarias para que as plantas sexan máis competitivas. A Dirección di que solicitarán esas inversións, pero teñen o hándicap de que o retorno do invertido ten que ser en menos dun ano ó non haber aínda un contrato de enerxía estable. A RT di que o Plan Estratéxico pode ligarse a esa renovación do contrato enerxético. Ademais este Plan debe de recoller garantías de que este proceso non rematará nun novo E.R.E de extinción de contratos.

A RT pediu información do impacto da redución de produción nas compañías externas. A Dirección dixo que estudarán posibles internalizacións e axustaranse os traballos segundo as necesidades.

Por último a Dirección de Alcoa informou que a partir deste momento ábrese o período de consultas (15 días) e que as próximas reunións (ata o próximo mércores) serán nas plantas para negociar os aspectos organizativos, logo as reunións levaranse a cabo conxuntamente entre as dúas plantas para negociar o impacto económico.