Da reunión de hoxe pouco hai que dicir aínda que os temas tratados son de gran
calado. Hoxe fíxose un repaso do Plan Estratéxico para a Fábrica unha vez
se alcance un acordo en materia de enerxía. Neste Plan Estratéxico recóllense
iniciativas, estudos e necesidades de investimento e mellora que a Dirección
considera oportunos para facer a Fábrica máis competitiva no futuro.
Este Plan
Estratéxico estará complementado, tal e como se acordou na firma do E.R.T.E, cos investimentos recollidos no plan de
competitividade do ano pasado (conversión a Gas, ampliación de Hornos 5, etc.) e o mesmo o avalará o Presidente de Alcoa en España coa súa firma. Hoxe solicítoselle á
Dirección que incluíra no Plan a renovación dos Transformadores da Serie 2.
O
outro asunto que se trato foron os calendarios teóricos do resto da plantilla co E.R.T.E. Estes foron entregados á parte social por
correo electrónico unha vez rematada a reunión para que fosen revisados antes de
trasladalos a plantilla. O martes que vén está fixada unha nova reunión na que se
resolverán as discrepancias sobre os mesmos.
Seguiremos Informando.
martes, 29 de mayo de 2012
lunes, 21 de mayo de 2012
GRACIAS !!!!
A SECCIÓN SINDICAL DE CC.OO QUERE DARLLE AS GRACIAS POLO SEU APOIO A TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS QUE PARTICIPARON HOXE NA CONCENTRACIÓN DIANTE DE RED ELÉCTRICA ESPAÑOLA.
GRACIAS !!!!
CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS DE ESTA SEMANA
POLA REFORMA LABORAL E OS RECORTES SOCIAIS DO GOBERNO DO PP.
viernes, 18 de mayo de 2012
MOBILIZACIÓN !!!!
Compañeiros e Compañeiras dende a Sección Sindical de CCOO pedímoste que participes nesta nova mobilización en RED ELÉCTRICA ESPAÑOLA. Temos que participar todos os que non teñamos que traballar a esa hora, estámonos a xogar o futuro.
Temos que seguir loitando para que se regule unha tarifa eléctrica competitiva para a industria e en particular para o sector do Aluminio. A industria ten que ser a palanca que mova o desenvolvemento do país e a enerxía a forza que se imprime a esa palanca.
NON PODES FALTAR !!!! O FUTURO DEPENDE DE TI !!!!
ENERXÍA
COMPETITIVA XA !!!!
miércoles, 16 de mayo de 2012
SEGUIMENTO DO E.R.T.E
Da reunión de hoxe
pouco se pode dicir xa que a Dirección non tiña listos os calendarios do E.R.TE para toda a
plantilla. A Representación da Dirección (RD) intentou xustificar este retraso
dicindo que estaban a ter máis problemas dos esperados para confeccionalos e
que os tería listos nos próximos días. A Representación dos Traballadores (RT) foi moi crítica
con esta situación e reclamo máis celeridade no asunto.
A RD entregou
de novo o listado do 2º Grupo do E.R.T.E,
coas correccións realizadas nos últimos días por varios motivos (traslados, IT, etc). A RT, recriminou á RD, o moito que
axustaran a plantilla en activo durante o E.R.T.E e isto estaba a ocasionar
cambios nos listados a curto prazo. Ademais, esta falta de previsión chegara ao
extremo de que a algún traballador lle solicitaron interromper as súas
vacacións e a outros que realizasen actividades distintas ás do seu posto de
traballo e que de seguir así tomarían medidas.
A RD tomou
nota e dixo que trataría de corrixir o exposto pola RT no futuro, pero que este era un ano
especial e os listados e calendarios que entregaban non se podían dar por
definitivos ata a súa aplicación, xa que estaban supeditados ás necesidades da
Fábrica, pero tamén entendían que as vacacións non deberían de interromperse
mentres houbese persoal en E.R.T.E.
Outra das cuestións tratadas durante a reunión de hoxe foi a do rumor que hai
na Fábrica sobre que algún colectivo non iría ao E.R.T.E. A Comisión quere
aclarar que o E.R.T.E aplicarase a toda a plantilla en maior o menor medida. Iso
foi o firmado no acordo e iso será o que se faga.
A Comisión está citada para unha nova reunión o próximo xoves 24 de Maio.
Seguiremos informando.
viernes, 11 de mayo de 2012
ASUNTOS VARIOS
PLAN DE PENSIÓNS
Recentemente recibistes nos vosos domicilios a información trimestral do BBVA PENSIÓNS, na cal infórmasevos que as aportacións do Promotor (Alcoa) neste primeiro trimestre do ano foran cero. Dende CCOO pediuse explicacións sobre este asunto e os Representantes do Promotor manifestaron que os importes estaban transferidos e a Xestora lles confirmou a súa recepción coas súas datas de valor.
Segundo fontes do promotor o fallo puido ser debido "a que no arranque dun novo exercicio é necesario realizar procesos paralelos ou específicos de inicialización para completar a información necesaria". Parece que este problema xa foi emendado e podédelo comprobar se entrades en Web de BBVA PENSIÓNS. Se é a primeira vez que accededes, para rexistrarvos é necesario que teñades a man o número de conta cliente pensións, este dato aparece no lado dereito superior dos recibos trimestrais.
PRÓXIMAS MOBILIZACIÓNS
O Comité de Empresa solicitou na Subdelegación do Goberno permiso para unha nova concentración de traballadores de Alcoa. Esta nova mobilización levaríase a cabo o próximo 21 de Maio, ante a sede de Red Eléctrica Española da Coruña (Zalaeta).
A colaboración de Red Eléctrica Española (REE) é clave para conseguir unha suministración enerxética competitiva para a industria do Aluminio. É necesaria a súa colaboración para optimizar a contribución de interrumpibilidade e transporte para alcanzar unha solución de longo prazo. REE é quen garante a subministración continua e fiable de enerxía e contribúe á correcta asignación dos custos de transporte da mesma. Ademais é quen xestiona a interrumpibilidade, que é a clave para alcanzar un prezo competitivo.
Cando a Subdelegación do Goberno conteste á solicitude comunicarémosvolo, dende CCOO invitámosvos, dende xa, a que participedes nesta nova mobilización.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)