PLAN DE PENSIÓNS
Recentemente recibistes nos vosos
domicilios a información trimestral do BBVA PENSIÓNS,
na cal infórmasevos que as aportacións do Promotor (Alcoa) neste primeiro trimestre do ano foran cero. Dende
CCOO pediuse explicacións sobre este asunto e os
Representantes do Promotor manifestaron que os importes estaban transferidos e a
Xestora lles confirmou a súa recepción coas súas datas de valor.
Segundo
fontes do promotor o fallo puido ser debido "a que no arranque dun novo
exercicio é necesario realizar procesos paralelos ou específicos de
inicialización para completar a información necesaria". Parece que este problema
xa foi emendado e podédelo comprobar se entrades en Web de BBVA PENSIÓNS. Se é a primeira vez que accededes, para rexistrarvos é
necesario que teñades a man o número de conta cliente pensións, este dato aparece no lado dereito superior dos recibos
trimestrais.
PRÓXIMAS MOBILIZACIÓNS
O Comité de Empresa solicitou na
Subdelegación do Goberno permiso para unha nova concentración de traballadores
de Alcoa. Esta nova mobilización levaríase a cabo o
próximo 21 de Maio, ante a sede de Red Eléctrica Española da Coruña (Zalaeta).
A
colaboración de Red Eléctrica Española (REE) é clave
para conseguir unha suministración enerxética
competitiva para a industria do Aluminio. É necesaria a súa colaboración para
optimizar a contribución de interrumpibilidade e transporte para alcanzar unha
solución de longo prazo. REE é quen garante a
subministración continua e fiable de enerxía e contribúe á correcta asignación
dos custos de transporte da mesma. Ademais é quen xestiona a interrumpibilidade,
que é a clave para alcanzar un prezo competitivo.
Cando a Subdelegación do
Goberno conteste á solicitude comunicarémosvolo, dende CCOO invitámosvos, dende xa, a que participedes nesta nova
mobilización.
Seguiremos informando.