Da reunión de hoxe pouco hai que dicir aínda que os temas tratados son de gran
calado. Hoxe fíxose un repaso do Plan Estratéxico para a Fábrica unha vez
se alcance un acordo en materia de enerxía. Neste Plan Estratéxico recóllense
iniciativas, estudos e necesidades de investimento e mellora que a Dirección
considera oportunos para facer a Fábrica máis competitiva no futuro.
Este Plan
Estratéxico estará complementado, tal e como se acordou na firma do E.R.T.E, cos investimentos recollidos no plan de
competitividade do ano pasado (conversión a Gas, ampliación de Hornos 5, etc.) e o mesmo o avalará o Presidente de Alcoa en España coa súa firma. Hoxe solicítoselle á
Dirección que incluíra no Plan a renovación dos Transformadores da Serie 2.
O
outro asunto que se trato foron os calendarios teóricos do resto da plantilla co E.R.T.E. Estes foron entregados á parte social por
correo electrónico unha vez rematada a reunión para que fosen revisados antes de
trasladalos a plantilla. O martes que vén está fixada unha nova reunión na que se
resolverán as discrepancias sobre os mesmos.
Seguiremos Informando.