Da reunión de hoxe
pouco se pode dicir xa que a Dirección non tiña listos os calendarios do E.R.TE para toda a
plantilla. A Representación da Dirección (RD) intentou xustificar este retraso
dicindo que estaban a ter máis problemas dos esperados para confeccionalos e
que os tería listos nos próximos días. A Representación dos Traballadores (RT) foi moi crítica
con esta situación e reclamo máis celeridade no asunto.
A RD entregou
de novo o listado do 2º Grupo do E.R.T.E,
coas correccións realizadas nos últimos días por varios motivos (traslados, IT, etc). A RT, recriminou á RD, o moito que
axustaran a plantilla en activo durante o E.R.T.E e isto estaba a ocasionar
cambios nos listados a curto prazo. Ademais, esta falta de previsión chegara ao
extremo de que a algún traballador lle solicitaron interromper as súas
vacacións e a outros que realizasen actividades distintas ás do seu posto de
traballo e que de seguir así tomarían medidas.
A RD tomou
nota e dixo que trataría de corrixir o exposto pola RT no futuro, pero que este era un ano
especial e os listados e calendarios que entregaban non se podían dar por
definitivos ata a súa aplicación, xa que estaban supeditados ás necesidades da
Fábrica, pero tamén entendían que as vacacións non deberían de interromperse
mentres houbese persoal en E.R.T.E.
Outra das cuestións tratadas durante a reunión de hoxe foi a do rumor que hai
na Fábrica sobre que algún colectivo non iría ao E.R.T.E. A Comisión quere
aclarar que o E.R.T.E aplicarase a toda a plantilla en maior o menor medida. Iso
foi o firmado no acordo e iso será o que se faga.
A Comisión está citada para unha nova reunión o próximo xoves 24 de Maio.
Seguiremos informando.