Na reunión de hoxe a
Representación dos Traballadores (RT)
foi moi crítica coa Representación da Dirección (RD) por entregar os calendarios na
reunión anterior en diferentes formatos, o cal complicou moito a súa revisión
nalgún caso. A RD
dixo que o listado do terceiro Grupo do E.R.T.E xa estaba revisado e no formato
pactado nun principio e entregaríao por correo ó rematar a reunión.
A RT recriminou o cambio do criterio da antigüidade nos últimos calendarios entregados do Departamento de Fundición, decidindo agora o departamento ao seu antollo quen vai e cando vai ao E.R.T.E sendo imposible para a RT comprobar que a decisións realízase en función de criterios organizativos e non en base a premios e castigos para o persoal deste Departamento. O Departamento de Fundición alegou que este cambio era debido ás necesidades funcionais de cada quenda. A RT pediu que se mantivese o criterio da antigüidade como filtro nos casos de traballadores coa mesma polivalencia e formación.
A RT solicitou que todos os calendarios fosen corrixidos nos fallos encontrados e se realizasen no mesmo formato do primeiro Grupo, publicándose o antes posible en cada Departamento. A RD afirmo que así o faría e que o listado do terceiro Grupo abarca os meses de xullo e Agosto os expoñería de inmediato e o resto cando os cambiasen ao formato oficial e os corrixisen nos puntos demandados pola RT. A RD incidiu, unha vez máis, que os listados que se entregan están suxeitos a cambios e non poden darse por definitivos ata non se inicie o período de vacacións.
A RT solicito tamén que no caso de que algún traballador fose chamado durante o tempo de E.R.T.E este tempo non sería recuperable, é dicir, se un traballador ten que estar 20 días de E.R.T.E e chámaselle para traballar 5, só quedaríanlle 15 días por realizar. A RD dixo tomar nota e contestaría na seguinte reunión.
Como resumen dicir que no primeiro grupo os afectados foron 44 traballadores, no segundo acaban de empezar as súas vacacións 46 traballadores e no terceiro grupo son 71 os traballadores afectados.