Especialmente queremos destacar aos que fixeron o esforzo extra de realizar as etapas de máis de 30 quilómetros despois de saír da quenda de noite ou tendo que incorporarse a esa quenda ao rematar a etapa. O mesmo recoñecemento a todos os que polos seus medios se incorporaron á marcha unha vez que realizaron a súa xornada de traballo, e non podemos esquecérsenos os dous xubilados de Fábrica que realizaron o percorrido completo sen perdoar nin un só metro, ao igual que os dous compañeiros da Sección Sindical de CCOO de San Cibrao. Dende CCOO dámosvos as grazas a todos e a todas pola vosa determinación e apoio ao Comité de Empresa nesta mobilización, foi impresionante compañeiros e compañeiras.
O Conselleiro mostrouse en todo momento disposto a achegar todo o necesario para que se cumpran as demandas dos traballadores e traballadoras alí presentes. Dixo que dende a Xunta e o seu Consellería farían todo o posible por manter a actividade industrial das dúas plantas Galegas de Alcoa. Tamén dixo que a Xunta non estaba de acordo coa regulación do MIX enerxético que se estaba a formular nestes momentos por prexudicar a Galicia e que de levarse a cabo chegarían a recorrelo no Tribunal Constitucional. O Conselleiro emprazo á representación dos dous Comités de Empresa a unha nova reunión en Setembro para revisar a situación e valorar os pasos a dar entón.
ESCRITO ENTREGADO AO CONSELLEIRO
Por medio do presente escrito
o Comité de Empresa de ALCOA INESPAL S.A da Coruña, quere facerlle participe da
gran preocupación que os traballadores e traballadoras de Alcoa xunto coas
compañías externas que nela traballan temos pola delicada situación que esta
atravesando a nosa Fábrica e o sector do aluminio en España. Isto é debido
principalmente ó alto custe da tarifa eléctrica, o cal déixanos en inferioridade de condicións para competir
cos demais produtores europeos.
España é un dos principais
produtores de Aluminio primario da UE, con unha capacidade de produción de máis
de 500.000 toneladas/ano. Esta produción repártese entre as fábricas de Alcoa
de Avilés, San Cibrao e A Coruña. Máis do 70% desta produción realizase nas
fabricas Galegas de San Cibrao e A
Coruña, converténdonos así nun dos sectores estratéxicos da Comunidade Galega e
do pais. O sector do Aluminio en España esta especialmente encorsetado, pois non
podemos repercutir o custe de produción no produto final. O prezo do Aluminio fixáselle
na Bolsa de Metais de Londres, o igual que boa parte das materias primas (Coque,
Brea) procedentes do petróleo. Aos produtores de Aluminio só lles queda a
enerxía eléctrica como a variable para manter o equilibrio na rendibilidade do
proceso.
A enerxía eléctrica lévase
aproximadamente o 40% dos custes do proceso do Aluminio. Nos demais países
europeos, sobre todo os do norte, están regulando tarifas eléctricas para este
sector moi competitivas, e con contratos de mantemento do suministro ata 40
anos. Dende principios de marzo deste ano, os traballadores e traballadoras das
fabricas de Alcoa na Coruña e Avilés, estamos inmersos nun Expediente de Regulación
de Emprego Temporal, o cal pode rematar nun Expediente de Extinción de
Contratos e o desmantelamento das instalacións se non se regula unha tarifa
eléctrica que nos poña en igualdade de condicións para competir en Europa.
Dende o Comité de Empresa de Alcoa pedimos a colaboración do Conselleiro de
Industria e do Presidente da Xunta de Galicia para que intercedan co Goberno
Central e se nos teña en conta na Regulación do MIX eléctrico que se esta
desenrolando nestes momentos. Este Comité de Empresa non quere nin imaxinar a
catástrofe social e económica que suporía a desaparición do noso sector para
Galicia. A nosa industria instalouse fai máis de 50 anos na nosa Comunidade
pola gran capacidade enerxética que tiñamos, e que seguimos tendo. Non entendemos
como sendo unha Comunidade Autónoma gran
produtora de enerxía eléctrica, chegando a exportar este recurso a outras Comunidades,
incluso a Portugal e padecendo nos o impacto medioambiental desta xeración de
enerxía temos a nosa industria gran dependente da mesma en risco de ser
deslocalizada.
Na seguridade da súa colaboración e a espera da súa resposta, aproveitamos
a ocasión para saudarlle moi cordialmente.